Saltar ao contido principal

A NOSA COOPERATIVA

POSTA EN MARCHA DA NOSA COOPERATIVA!

O alumnado do 3º Ciclo (5º e 6º de Primaria) fomos seleccionados no programa da Deputación de Pontevedra “DEPOEMPRENDE NA ESCOLA” que ten como obxectivo que os nenos e nenas creemos a nosa propia cooperativa escolar.

Fixemos un traballo de investigación previo sobre o que é unha cooperativa, como funciona, quen traballa nela e cales son as súas funcións, que tipos de cooperativas existen, así como, as cooperativas que temos na nosa contorna.

Con este proxecto interdisciplinar, fomentaremos a creatividade e o espírito emprendedor, aprenderemos a traballar en equipo de xeito cooperativo e colaborativo, a tomar decisións de xeito democrático, a expor en público ou educación financieira.

E o máis importante, o recadado coas nosas creacións terá un fin social!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

FINALIDADE DE ECOPEGADA

OBXECTIVOS ACADADOS! O diñeiro recaudado coa venda dos nosos produtos foi destinado ao Refuxio de animais de Cambados. 😺🐶 👉 Clicade para ver a nova! 👀 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meano/2025/06/20/colegio-coiron-dona-408-euros-refugio-cambados-gracias-proyecto-sobre-cooperativismo/00031750411376230336290.htm Incluso puidemos facer unha merendola tod@s xunt@s como despedida do curso e como agasallo polo traballo realizado! Graciñas ao Muíño da Chanca e á familia de Nico de 6ºA pola súa hospitalidade! 💖💕

TRABALLO DAS DIFERENTES COMISIÓNS

  MANS Á OBRA! As diferentes comisións (creativa, redes e comunicación, eventos, económica, sostibilidade, materiais e recursos, supervisión…) están traballando duro pola nosa cooperativa. Aquí vos vai unha mostra do seu labor!           

PRODUTOS DA NOSA COOPERATIVA

AQUÍ ESTÁN OS PRODUTOS DA NOSA COOPERATIVA!!! Bo, bonito e barato, e o máís importante, sostible e respectuoso co medio ambiente! PROXIMAMENTE  REVISTA DE ECOPEGADA CON TODOS OS NOSOS PRODUTOS E FORMULARIO PARA RESERVAS!!!!  ANIMÁDEVOS A MERCALOS!