Saltar ao contido principal

PUBLICIDADE PARA A NOSA COOPERATIVA

DÁMONOS A COÑECER!

Queremos que a nosa cooperativa colla sona e chegue ao maior público posible (as nosas familias, o noso Concello, outros coles…), para iso creamos este blogue e empregaremos tamén as nosas redes sociais (Instagram e Facebook).

Pero, como chegar á xente de fóra, se os nenos/as do noso cole non están enterados/as do que estamos a facer? Eles/as teñen tamén un papel importante e poden axudarnos.

Por iso, nos puxemos mans á obra, o equipo de comunicación, redes e eventos elaboramos carteis para poñelos polos distintos corredores e tamén presentacións para explicar a nosa cooperativa a Infantil, 1º Ciclo (1º e 2º de Primaria), 2º Ciclo (3º e 4º de Primaria) e incluso para nós, o 3º Ciclo (5º e 6º de Primaria), xa que, nos serviu de avaliación do traballo realizado.

Foron todo un éxito!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FINALIDADE DE ECOPEGADA

OBXECTIVOS ACADADOS! O diñeiro recaudado coa venda dos nosos produtos foi destinado ao Refuxio de animais de Cambados. 😺🐶 👉 Clicade para ver a nova! 👀 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meano/2025/06/20/colegio-coiron-dona-408-euros-refugio-cambados-gracias-proyecto-sobre-cooperativismo/00031750411376230336290.htm Incluso puidemos facer unha merendola tod@s xunt@s como despedida do curso e como agasallo polo traballo realizado! Graciñas ao Muíño da Chanca e á familia de Nico de 6ºA pola súa hospitalidade! 💖💕

TRABALLO DAS DIFERENTES COMISIÓNS

  MANS Á OBRA! As diferentes comisións (creativa, redes e comunicación, eventos, económica, sostibilidade, materiais e recursos, supervisión…) están traballando duro pola nosa cooperativa. Aquí vos vai unha mostra do seu labor!           

PRODUTOS DA NOSA COOPERATIVA

AQUÍ ESTÁN OS PRODUTOS DA NOSA COOPERATIVA!!! Bo, bonito e barato, e o máís importante, sostible e respectuoso co medio ambiente! PROXIMAMENTE  REVISTA DE ECOPEGADA CON TODOS OS NOSOS PRODUTOS E FORMULARIO PARA RESERVAS!!!!  ANIMÁDEVOS A MERCALOS!