Con tod@s vós… Eco! Unha gatiña moi especial que precisa da nosa axuda! 🐱 Dende a nosa cooperativa escolar Ecopegada demos un gran paso: chegamos a un acordo coa protectora para colaborar activamente no seu coidado. Ademais, xa fixemos as primeiras vendas solidarias, e para a semana que vén sairá a revista con todos os produtos para aquelas persoas que queiran colaborar mercando algún deles. Grazas por sumar nesta causa!! Saúdos de Ecopegada! 🌱
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria están a participar no programa Depoemprende. Neste blogue atoparedes o proceso de creación da nosa cooperativa a través das publicacións que fará o alumnado.