Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

1º REUNIÓN XERAL

XUNTANZA DOS DIFERENTES EQUIPOS! Posta en común do traballo realizado nos equipos durante estes meses de traballo.

PRESENTACIÓN DA NOSA COOPERATIVA

PRESENTAMOS A NOSA COOPERATIVA! Presentamos a nosa cooperativa ante os demais centros educativos participantes na Deputación de Pontevedra.

NOME, LOGO E LEMA

NOME, LOGO E LEMA! Xa temos logo e lema para a nosa cooperativa! Chamarase Ecopegada!!

TIPO DE COOPERATIVA

ARTE ECOLÓXICA! Tras unha reunión conxunta, decidimos que a nosa será unha Cooperativa de “ARTE ECOLÓXICA”, respectuosa co medio ambiente.

ORGANIZACIÓN DA NOSA COOPERATIVA

VOTACIÓNS!! Tivemos que elixir os nosos representates administrativos (presidente/a, vicepresidente/a e secretario/a). Presentamos candidaturas e, despois das votacións, xa temos configurada a parte que nos representará. Xa formamos tamén os diferentes equipos (comisión econónimca, creativa, redes, eventos, sostibilidade, supervisión…). Queda moito por facer, emprendemos o noso camiño!

A NOSA COOPERATIVA

POSTA EN MARCHA DA NOSA COOPERATIVA! O alumnado do 3º Ciclo (5º e 6º de Primaria) fomos seleccionados no programa da Deputación de Pontevedra “DEPOEMPRENDE NA ESCOLA” que ten como obxectivo que os nenos e nenas creemos a nosa propia cooperativa escolar. Fixemos un traballo de investigación  previo sobre o que é unha cooperativa, como funciona, quen traballa nela e cales son as súas funcións, que tipos de cooperativas existen, así como, as cooperativas que temos na nosa contorna. Con este proxecto interdisciplinar, fomentaremos a creatividade e o espírito emprendedor, aprenderemos a traballar en equipo de xeito cooperativo e colaborativo, a tomar decisións de xeito democrático, a expor en público ou educación financieira. E o máis importante, o recadado coas nosas creacións terá un fin social!